Viva carnaval!!

Febrero 17th, 2012 | Posted by admin in Cultura morracense - (0 Comments)

Gaiteiros do hio

 

Un deseño de Terras do Morrazo baseado no deseño de Uxío Novoneyra por Rei Zentolo.

VIVA CARNAVAL!!!!!

Eiquí tendes a gran novidade destre vrán, o Documento Morrasense de Identidade!, un gran aliado para loitar contra ashordas invasoras jodechinchas, porque enumeradamente só por ter unha identificasión provinsial xa tendrededes dereito ós seguintes privilexios:

  1. Aparcadoiro reservado en calqueira praia do Morraso, incluídas as de Síes e Ons (sí, tamén inclue aparcadoiro para ghamelas)
  2. Xa non deberás paghar o chamado “Imposto Revolusionario Jodechincho”, é disir, a peaxe que nas próximas datas se colocará na ponte de rande diresión Morraso.
  3. Dereito a sete cuncas de viño en calquiera furancho da provinsia.
  4. Poder ensinalo os visiños estranxeiros e presumir de serén morrasense, que máis podes pedir?
  5. E por último, recibirás de reghalo unha auténtica reprodusión a escala do Ghordo da Rotonda ataviado como máis che ghuste: alcalde, bailarina de ballet, ghordo na sauna, ghordo ghaiteiro.. ó ghusto do consumidor

 

Podedes encarghar aquí mesmo os vosos carnés ou en calqueira ofisina revolusionaria, a oferta tamén inclúe un exemplar do libro “Como botar a un jodechincho aparcado fronte da túa casa e non sair preso”

 

A que agardadas para pedilo??? Manoliño Cú no Penedo xa ten o seu!


 

Un pouco de publisidá descarada para anunciar a #acampadamorrazo , o evento popular e democratico (da de verdá) na que tódolos morracenses estamos convidados a participar. Cada día a partires das 21:00 en frente do Concello de Cangas (aghora rebautisado como Parque da Palma)

DEMOCRACIA REAL XA!!

DIGNIDADE PARA TODOS E TODAS!!

MORRASO SEIBE!!

Tira o curricán milsienveses, ghía a túa jamela polas escarpadas rochas da Illa dos Ratos e volta para contalo ou colle unha chea e chama a salvamento para que te rescaten!

Todo isto e muito máis con Jamela Simulator 2011. Á venda nos mellores furanchos!